O ESPAZO QUE (NON) HABITAMOS

O ESPAZO QUE (NON) HABITAMOS – COLECTIVO LA VELETA

FECHA DE ESTREA: 4 DE OCTUBRE 2023, CIVIVOX ITURRAMA, PAMPLONA

Unha peza site-specific de danza contemporánea que se adapta a calquera espazo, paisaxe e arquitectura, potenciándoo, xogando coas perspectivas dos mesmos.

Catro piares dunha estrutura, catro humanas sen cidade aparecen nun espazo e marcan as distancias. Como quen mide unha casa antes de engadir os mobles. Ningún espazo é noso, pero durante un tempo parece que puidésemos vivir nel toda a vida se quedamos xuntas.

Unha viaxe onde unhas sostemos a outras. Onde outras somos sostidas por unhas, arroupadas pola arquitectura.

Duración: 30-40 minutos (adaptable)

Público: Tódolos públicos

Espazo: Rúa, museos, prazas, espazos en abandono... Todo son boas oportunidades para realizar unha peza site-specific!

Ficha artística:

  • Coreografía e interpretación: Clarissa Costagliola, Manon Jacquelin, Raquel Jara e Marcia Vázquez.
  • Asistencia de movemento: Carmen Larraz
  • Asistencia site-specific: Laida Aldaz

Apoios

La Faktoria Choregraphic Centre.

O espacio que (non) habitamos